CulturaCulturaÚltima hora

Recital de poesía na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco

O artista de orixe rues Xesús Trincado lerá os seus poemarios mañá, 25 de abril, a partir das 20 horas

Entre o Día do Libro (23 de abril) e a Feira do Libro (27 e 28 de abril) a Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco de Valdeorras acollerá un recital de poesía. Mañá, xoves 25 de abril o artista de orixe rues Xesús Tricado lerá algúns dos seus poemarios a partires das oito da tarde.

Tal como explica o propio autor (pintor, escultor, poeta,…), as pezas que compoñen este recital estarán divididas en seis bloques (eu, añoranzas, lugares, sentimentos, amor e final) e foron sacados de poemarios escritos aos longo dos últimos 60 anos. “Algúns xa os recitei o ano pasado na Casa de Cultura do Concello de Casalarreina (A Rioxa) e na Casa Museo de José Zorrilla en Valladolid”, apunta Trincado.

Artigos relacionados

Back to top button