EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

Recital de sabores na IV Ruta de Pinchos da Feira do Viño de Valdeorras

Un total de 16 establecementos de hostalaría barquense achegaban ao público outros tantos pinchos os días 11 e 12 de xullo como limiar gastronómico da feira

 

As terrazas énchense na última xornada da Ruta dos Pinchos.

 

Por cuarto ano consecutivo, a Feira do Viño de Valdeorras ten como limiar unha Ruta de Pinchos que propón un percorrido polos locais de hostalaría barquenses para desfrutar dunha diversidade de propostas culinarias xunto aos viños da denominación.

Os días 11 e 12 de xullo, un total de 16 establecementos barquenses achegaban unha serie de variadas propostas que harmonizaban o viño valdeorrés de maneira moi diferente. As suxerencias ían dende as “patacas boom” da Cafetería Cristal, aos riles ao godello con crema de castañas do Caurel da Pensión O Lar ou aos bolos de vento de bacallau con pemento asado e tosta de pan do Restaurante Fernando III.

Tamén estarán neste percorrido gastronómico o Restaurante La Gran Tortuga cun petisco de ovos recheos, xunto con croquetas caseiras, mexillón tigre e gazpacho de tomate e sandía con berberchos; así como Casa Lameiro co seu “pincho Mar e Montaña”, cun langostino ao romana sobre unha cama de patacas fritidas, o “pincho Piquiño” do restaurante do mesmo nome, con pataca e bonito en escabeche ou o da Maltería.

A oferta desta suculenta ruta continuaba coas “delicias Vinum” do Vinum, coa mini hamburguesa de lacón con cebola ao mencía, queixo de Arzúa e crema e de pemento do Café Bar Divino Paseo, coas galletas de pementos con carne mechada de touciño entrefebrado e salsa de mencía do Café Teatro Bajo 5, coa hamburguesa de zorza sobre cama de grelos da Taberna O Buraco ou coas patacas con touciño entrefebrado con salsa ranchera do Café Bar San Roque.

Na ruta, podía degustarse así mesmo, a brocheta de polbo e gamba con puré de pataca e touciño entrefrebado de La Querida, o xurelo en escabeche de dona branca e aromático de mencía do Restaurante Tomás, a tosta peruana de gambas do Mesón Tío Xosé ou o rabo de touro de Il Piacere Gastrobar.

Os establecementos participantes valoran de forma xeral positivamente a ruta, aínda que algúns consideran que quizais as altas temperaturas mermaron a asistencia nesta edición.

 

O pincho da Casa Lameiro.

 

O pincho de carne mechada de Bajo 5.

 

 

Os locais participantes nesta edición:

 

Cafetería Cristal – Patacas Boom

Pensión O Lar- Riles ao godello con crema de castañas do Courel

Cafetería Restaurante Fenando II – Bolos de vento de bacallau con pemento asado e tosta de pan

Restaurante La Gran Tortuga – Ovos recheos

Casa Lameiro – Pincho Lameiro

Piquiño Restaurante – Pincho piquiño

La Maltería – Pincho La Maltería

Vinum – Delicias Vinum

Café Bar Divinno Paseo – Mini hamburguesa de lacón con cebola ao Mencía. queiro de Arzúa e crema de pemento

Bajo 5 – Galletas de pementos cn carne mechada de touciño entrefebrado e salsa de Mencía

Taberna O Buraco – Hamburguesa de zorza sobre cama de grelos

Café Bar San Roque – Patacas con touciño entrefebrado con salsa ranchera

Restaurante Tomás – Xurelo en escabeche de Dona Branca e aromático de Mencía

Mesón Tío Xosé – Tosta peruana de gambas

Il Piacere Gastrobar – Rabo de touro

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella/ Alba Prada/ A.R.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close