En portadaEntroidoGalerías de fotosÚltima hora

Recital de toques de Entroido en Carracedo da Serra

Este pobo do municipio da Gudiña recibía a visita dos folións de Fradelo e dos Labregos o 1 de febreiro

Co pano branco da neve de fondo, os toques dos folións de Fradelo (Viana do Bolo), Os Labregos (Trives) e Carradedo da Serra (A Gudiña) resoaban por esta última localidade na tarde do 1 de febreiro. Comezaban a tocar á entrada do pobo e despois baixaban á praza, onde bombos, aixadas, sachos e mesmo algunha corna se fundían nun mesmo toque.

A ronda continuaba polo pobo mentres comezaban a caer folerpas de neve. Tras o percorrido, Carracedo agasallaba aos folións visitantes cunha merenda, ademais nos vindeiros días devolveralles a visita tanto a Trives como a Fradelo.

Estes intercambios de folións estanse ademais a levar a cabo en diferentes pobos do oriente ourensán e intensifícanse a medida que se achegan as datas grandes do Entroido.

Fotos: Carlos G.Hervella

Artigos relacionados

Back to top button