CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Recital poético nunha adega valdeorresa

A Coroa, na Rúa, acollía a oitava edición do Encontro de Poetas

A poesía e o mundo do viño danse a man dende o ano 2008 nunha xornada de convivencia moi especial que ten como escenario a adega ruesa A Coroa: o “Encontro de Poetas”. Na súa oitava edición esta cita reunía a unha ducia de autores galegos e tamén do Bierzo que compartían o día 5 de marzo. Este ano os poetas realizaban unha visita ao Mosteiro de Xagoaza (O Barco) antes de degustar o tradicional xantar na Coroa, nesta ocasión a base de paella e varios doces caseiros.

Pola tarde protagonizaban un recital poético, aberto ó público nas mesmas instalacións da adega. Unhas vinte persoas desfrutaban desta actividade, cuxa temática nesta era a “A Xustiza é a Lei”. No recital participaban os poetas Rosa Dios, Jesús, Emma, Paco, Rochi, Nolím, Loli, Alfonso, Ramón Porto, Diana, Carlos Rafael, Rosa. Voces moi distintas con estruturas métricas e estilos tamén diferentes. Ademais a velada era amenizada musicalmente por o cantautor Nacho Martínez, de O Courel.

Artigos relacionados

Back to top button