ConcellosÚltima hora

Recollida de aceite doméstico usado nos supermercados do Barco

A campaña está incluída no programa de reciclaxe do Concello “Si separas, aforras”
Presentación da campaña.
Presentación da campaña.

O concelleiro de Medio Ambiente Aurentino Alonso, o alcalde do Barco Alfredo García e a presidenta de Asfaval Amelia Blanco, presentaban na mañá do 13 de xuño unha nova iniciativa dentro do programa de reciclaxe “Si separas, aforras”. Trátase da instalación de contedores para a recollida de aceite doméstico usado nos supermercados da vila e tamén na praza de abastos.
Colaboran nesta iniciativa: Claudio Valdeorras, Eroski Center, Súper Onda, Tiendas D y D, Autoservicio Gavela, Supermercado Corzo e Lid’l.

A idea consiste en que os veciños garden o aceite usado de cociña nun recipiente pechado (preferiblemente de plástico) para, posteriormente, depositalo nalgún dos puntos de recollida. Como incentivo, a concellería de Medio Ambiente sorteará entre os que reciclen o aceite, 8 vales de compra de 50 euros, ata xaneiro de 2015.
Os usuarios de Asfaval, que xa levan tempo recollendo o aceite doméstico casa por casa, serán os encargados de recoller tamén o dos puntos de depósito habilitado.

Foto: Mónica G. Bellver

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button