OurenseÚltima hora

Recollida de cabichas, limpeza e práctica saudable, actividades de referencia dos Ecovixiantes de Franciscanas

 

Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense vai pechando as súas actividades ambientais, numerosísimas ao longo do Curso Académico 21/22. Con respecto ao Plan Proxecta Recíclate con Sogama técnicos acudiron ao centro educativo Divina Pastora para facer unha caracterización de residuos na Illa de reciclaxe. “Quedaron gratamente sorprendidos polo ben que o alumnado separa os residuos que se xeran no colexio”, asegura o profesor Lalo Sánchez.

 

 

Esta semana tamén recolleron cabichas e limparon de residuis o Parque de Camiño Caneiro, con material entregado por Ecourense, “a quen novamente quedamos moi agradecidos por toda a súa colaboración ao longo de todo o ano”.

O broche á intensa actividade medioambiental poñíano  cos hábitos de vida saudable dentro do Programa Stars España e Mobilidade Sostible e Segura, practicando exercicios.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button