CulturaCulturaÚltima hora

Recollida de libros a favor dos refuxiados, na Biblioteca da Rúa

O 22 de abril, véspera do Día do Libro, organizarase ás 12h. o maratón de lectura de Don Quijote de la Mancha

A Biblioteca Municipal da Rúa súmase á iniciativa de recollida de libros para un mercado solidario polos refuxiados. A recadación irá destinada á ONG PROEM-AID que socorre ás persoas que chegan por mar. Para colaborar, quen así o desexe pode deixar os seus “libros salvavidas” (novela, comic,… e tamén cine ou música) ata o vindeiro sábado 22 de abril.

E pecisamente ese día, véspera do Día do Libro, a Biblioteca organiza para as 12h. o tradicional maratón de lectura adicado á obra de Miguel de Cervantes Don Quijote de la Mancha. Tal como explican dende a organización, “para a lectura podes escoller os diferentes Quijotes cos que conta a biblioteca: Cómic, miniatura, edición especial numerada con fermosas letras capitulares e debuxos de Doré, facsímile…” Todos os participantes terán un agasallo ademais de poder fotografarse no photocall con Don Quijote e Sancho Panza e ver unha exposición de marcapáxinas.

Artigos relacionados

Back to top button