EconomíaEconomíaÚltima hora

Recomendacións para a prevención ante o coronavirus no comercio de proximidade e nas perruquerías

Dende hoxe 4 de maio poden abrir, con cita previa, establecementos comerciais de menos de 400 metros cadrados

 

Ante a posibilidade de reapertura a partir de hoxe, 4 de maio, con cita previa, de establecementos comerciais de menos de 400 metros cadrados, a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), elaborou material específico con recomendacións para a prevención ante o coronavirus no comercio de proximidade.

La documentación recolle medidas a ter en conta antes de ir traballar, como identificar ás persoas sensibles, non acudir en caso de fiebre ou síntomas respiratorios ou facer desprazamentos, preferentemente de maneira individual. Tamén se incide na distancia de seguridade que deberá ser de dous metros entre clientes, produtos e persoal, adoptar medidas de barreira nas zonas de atención ao público e controlar o aforo mediante cita previa, organizando a entrada por turnos e indicando un horario de atención preferente a maiores de 65 anos.

 

 

En canto á hixiene e limpeza faise fincapé no lavado frecuente de mans, evitar tocar naris, ollos e boca, cubrir as vías respiratorias cun pano ao tusir ou esbirrar, así como limpar e desinfectar espazos frecuentemente (mostradores, pomos, probadores…), ventilar frecuentemente, protexer o produto para evitar a súa contaminación pola exposición e manipulación e uso de máscara hixiénica ou xirúrxica durante a estancia no comercio.

Tamén se recollen medidas organizativas como a sinalización no chan das distancias e camiños, valorar a necesidade de apertura de probadores e no caso de hacelo reforzar a limpeza e desinfección, e fomentar o pago por medios electrónicos así como o comercio online.

 

Artigos relacionados

Back to top button