ConcellosÚltima hora

Recomendacións para capturar raíñas de velutina saídas da hibernación

 

Neste mes de marzo xa comezan a aparecer raíñas de Vespa velutina recén saídas da hibernación e tamén empezan a facer os seus primeiros niños. De cara a frear este insecto invasor nesta fase o experto Lolo Andrade dá unha serie de recomendacións, nas que tamén se incide dende a Asociación Valdeorresa de Apicultores.

“O normal é que unha vez localizado o niño o eliminemos, pero se sacamos á raíña e deixamos o niño intacto, outra raíña que saía da hibernación aproveitarao e así poderemos capturar a un gran número delas e evitar que constrúan un nun lugar onde non se puidese localizar”, di Andrade, que tamén lembra que este método de “usar os niños embrión como trampa levámolo usando uns anos con óptimos resultados”.

 

 

Ademais explica como se debe actuar para capturar a raíña sen romper ou contaminar o niño. Así, na imaxe superior, “vese un método sinxelo, cortamos a boca da botella, vixiamos que estea dentro e a continuación botamos un pouco de spray especial para eliminar avespas dentro da botella, colocámola como se ve na foto e os gases soben, a avespa cae morta, quedando o avispeiro intacto para poder cazar a outra”.

 

Imaxe: Lolo Andrade.

Artigos relacionados

Back to top button