ConcellosTrivesÚltima hora

“Recoñéceas na Pobra de Trives”, un programa de radio para celebrar o 8M

Está prevista a súa emisión en Cuac FM o día 14 de marzo no dial 103,4

 

Co programa especial “Recoñéceas na Pobra de Trives”, dedicado ás científicas trivesas que figuran no mural realizado por Lidia Cao na rúa San Martín, o Concello de Trives e a Asociación La Ciencia es Femenino conmemorán o 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

Neste programa tamén se contará coa participación de Patricia Domínguez Barja, primeira alcaldesa de Trives; da concelleira de Cultura e Igualdade, Cristina Paz; do prestixioso neumólogo e sobrino-neto de Leonor Bocossi, Julio Ancoechea; da farmacéutica Fernanda Paz, que rememorará a figura de Adelaida Pérez, a trivesa que foi a primeira boticaria colexiada de Ourense; de María Lamelas, directora do CEIP Manuel Bermúdez Couso; de Francisco García (Farruco), director do IES Xermán Ancochea, entre outros ilustres veciños do concello.

Ademais tamén se entrevistará ás alumnas do módulo de electricidade do centro e a veciños da localidade. O programa “Recoñeceas na Pobra de Trives” de “La Ciencia es Femenino” emitirase en Cuac FM o día 14 de marzo no dial 103,4.

Artigos relacionados

Back to top button