OurenseÚltima hora

Recoñecemento ao Club Xadrez Ourense polo ascenso á máxima categoría nacional

É a primeira vez que un club ourensán estará na elite deste deporte disputando no 2021 un campionato cos oito mellores equipos de España

Reunión do presidente da Deputación Ourense co Club Xadrez Ourense.

 

O pasado 9 de outubro o Club Xadrez Ourense lograba o ascenso á División de Honra, a máxima categoría nacional deste deporte. Un éxito sen predecentes, “xa que por primeira vez na historia, un club ourensán estará na elite desta disciplina, disputando no 2021 un campionato no que participarán os oito mellores equipos de España”, segundo dixo Manuel Baltar na recepción con representantes do club celebrada na mañá do 16 de outubro.

Á reunion no Pazo Provincial acudiron o presidente do Club Xadrez Ourense, Elías González, o xefe de filas do equipo, Iván Salgado -campión nacional absoluto e integrante da selección española- e os xadrecistas Martín Gómez e Alba Rodríguez, acompañados polo asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González.

Ademais de felicitar aos xogadores e directiva polo ascenso, Manuel Baltar subliñou que este éxito vai máis aló do ámbito deportivo, “xa que ten unha importante proxección para a nosa provincia”, afirmando que “a Deputación seguirá consolidando o apoio que ven ofrecendo a un deporte con significados nomes ourensáns no panorama nacional e internacional, e agora todo un equipo de referencia no máis alto do xadrez español”.

Como presidente do club, Elías González agradeceu o compromiso da institución provincial e do seu presidente co conxunto ourensán, do que destacou a súa traxectoria máis actual coa consecución en 2018 do ascenso á segunda categoría e o terceiro posto alcanzado en 2019, éxitos agora referendados coa próxima participación na División de Honra.

Artigos relacionados

Back to top button
Close