DeportesÚltima hora

Recoñecemento aos atletas da Escola Deportiva de Trives participantes nos galegos

Publicidade

 

O Concello da Proba de Trives vén de premiar esta tarde de 11 de maio ás súas promesas do atletismo. A concelleira de Cultura e Igualdade, Cristina Paz, entregáballe un trofeo a tres atletas das Escolas Deportivas Municipais en recoñecemento aos destacados resultados deportivos na competición galega.

Trátabase de Deva, Martín e Edi, que participaron recentemente no campionato galego de atletismo (modalidade de peso). O seu esforzo, dedicación e entusiasmo tamén son recompensados. Neste acto, xunto aos atletas tamén estaba o seu adestrador na escola, Tino Sierra.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button