Traballo, dedicación e, sobre todo, un enorme entusiasmo. Son as notas que caracterizan o labor desinteresado que veñen desenvolvendo ao longo do verán os voluntarios do servizo da Biblio-piscina de Verín. Trátase dun grupo de 20 persoas, con idades entre os 11 e os 26 anos, que o 29 de agosto recibían unha serie de diplomas do Concello de Verín.
Deste xeito recoñecíaselles a actuación realizada neste verán neste servizo bibliotecario nas piscinas e agradeciáselles a “grande responsabilidade a hora de afrontar este traballo”.
Como moitos outros sectores da comarca, a bibliopiscina viuse afectado este verán por as malas condicións meteorolóxicas de xuño. Aínda con isto, grazas ao tempo de xullo, e sobre todo da primeira semana de agosto, o devandito servizo municipal acadou o millar de préstamos.
Este ano, ademais, o servizo da Biblioteca Municipal de Verín, situado no complexo das Piscinas Municipais de A Granxa, ofreceu de maneira gratuíta e para todos os públicos, dous contacontos ao longo do verán.