A fundación “Energy Globe Adward” vén de convidar ao Concello do Barco
a participar nos seus premios mundiais de medio ambiente, uns galardóns que premian proxectos a nivel nacional e internacional que usan recursos de xeito sustentable, e utilizan enerxías renovables ou libres de emisións contaminantes.
Tal como adiantan dende o Concello, no caso do Barco, na carta de invitación remitida pola organización ao Departamento de Medio Ambiente “valóranse os proxectos desenvolvidos polo goberno local nesta materia, entre os que se poden mencionar o núcleo de sostibilidade, con todo o que esto implica, a Axenda 21, os premios Bandeira Verde, os programas de compostaxe e reciclaxe, e proxectos relacionados coa optimización dos recursos naturais”.
Con sede en Austria, a Fundación Energy Globe Adward creou os premios en 1999, e cada ano estúdanse 1.000 proxectos, dun total de 165 países de todo o mundo. Os participantes presentan as mellores prácticas ou solucións sostibles, en calquera das 5 categorías existentes (terra, lume, auga, aire e xuventude). A organización concede un premio
nacional entre tódolos proxectos de cada país, e outro internacional para cada unha das categorías, e entre eles, un Gran Ganador.
O Concello do Barco está preparando o seu proxecto, para remitilo á fundación.