Recoñecemento de Abanca a 32 empregados ourensáns con máis de 25 anos de traxectoria na entidade

Os homenaxeados recibían insignias conmemorativas de mans do presidente, Juan Carlos Escotet Rodríguez; do conselleiro delegado, Francisco Botas, e de membros do comité de dirección

 

Empregados de Abanca homenaxeados pola entidade en Santiago./ Foto cedida.

Na tarde do 9 de novembro Abanca facía un recoñecemento á traxectoria profesional de 215 empregados que neste ano 2018 cumpren 25, 30, 35, 40 e 45 anos de servizo nesta entidade. Desde conxunto, un total de 32 desempeñan as súas funcións na Dirección Territorial de Ourense.

Este acto tiña lugar en Santiago e contaba coa asistencia do presidente da entidade, Juan Carlos Escotet Rodríguez, do conselleiro delegado, Francisco Botas, e dos directivos do comité de dirección. Na súa intervención, Juan Carlos Escotet Rodríguez transmitiu aos homenaxeados o recoñecemento polos máis de 25 anos de traballo na entidade. “O capital humano sodes a mellor peza para o que banco funcione cada día. Os empregados e empregadas de Abanca, sodes os que dades sentido e valor á nosa entidade”, indicaba o presidente desta entidade.

Os 215 profesionais distinguidos este ano por ABANCA (33 da Dirección Territorial de Vigo, 32 da DT Ourense, 31 da DT A Coruña, 25 da DT Pontevedra, 21 da DT Lugo, 10 da DT Santiago, 6 da DT Centro-Leste, 6 da DT Asturias/León e 47 das áreas de servizos centrais da entidade e outras empresas do grupo), que recibían insignias conmemorativas, suman no seu conxunto case 5.000 anos de experiencia profesional na entidade financeira galega.

Durante o acto, os empregados recoñecidos estiveron acompañados polos seus familiares, así como por responsables das distintas direccións territoriais, rede comercial e capital humano da entidade.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies