ConcellosO BarcoÚltima hora

Recoñecemento de Aurelio Blanco Trincado ao xornal O Sil polas Letras Galegas

Texto e imaxe publicados nas redes sociais por Aurelio Blanco Trincado.

 

Coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas, onte, 17 de maio, o barquense Aurelio Blanco Trincado, presidente do Instituto de Estudios Valdeorreses (IEV), rendíalle unha simbólica homenaxe ao Periódico O SIL nas redes sociais.

No seu facebook publicaba o seguinte: “No Día das Letras Galegas, UNHA HOMENAXE AO XORNAL “O SIL” polo esforzo engadido que supón empregar a lingua de Galiza dende o primeiro número ata agora, 24 anos difundindo e defendendo o galego, a lingua máis fermosa. Á dirección e aos xornalistas, os nosos parabéns e o noso agradecemento”. O texto ía acompañado dunha portada do número do Periódico O SIl de agosto de 1996.

Dende estas liñas queremos agradecerlle a Aurelio Blanco as súas palabras e o seu recoñecemento ao noso labor xornalístico ao longo do cuarto de século de existencia do Periódico O SIL, así como o labor de difusión que vén facendo dende o seu facebook.

Enlace ao facebook de Aurelio Blanco Trincado: https://www.facebook.com/ablancotrincado

Artigos relacionados

Back to top button