A RúaConcellosÚltima hora

Recoñecemento no Concello da Rúa a Alejandro Nogueiro pola súa xubilación

 

Durante máis de trinta anos Alejandro Nogueiro Fernández traballou como conserxe no Centro de Saúde da Rúa, por iso no Concello non quixeron deixar pasar a oportunidade para facerlle un recoñecemento trala súa xubilación.

Así, apenas tres días despois de que os seus compañeiros do centro médico o despedisen por todo o alto, na tarde deste luns 31 de xaneiro, o alcalde, Álvaro Fernández aproveitaba os instantes previos á sesión plenaria para entregarlle un detalle de Concello. “Podes estar tranquilo, que nunca hubo unha incidencia no Centro de Saúde”, comentaba o rexedor, dándolle as grazas entre aplausos polo seu labor nestas tres décadas

Pola súa banda, o edil José Vicente Solarat, aseguraba diante da corporación que “sempre fuches unha gran persoa e un magnífico empregado”, desexándolle que desfrute da xubilación.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button