En portadaÚltima hora

Récord de participación de viños e adegas valdeorreses nas Distincións Gallaecia’16

Na cata deste certame, que organiza a Asociación de Sumilleres Gallaecia, participaban 32 adegas e 114 viños desta D.O.
Os sumilleres de Gallaecia durante a cata dos viños valdeorreses./ Foto: Asociación de Sumilleres Gallaecia.
Os sumilleres de Gallaecia durante a cata dos viños valdeorreses./ Foto: Asociación de Sumilleres Gallaecia.

Un total de 114 viños, elaborados por 32 adegas da Denominación de Orixe Valdeorras, presentábanse á cata para as Distincións Gallaecia 2016, que tiña lugar na tarde do luns 1 de agosto. “Con esta altísima participación, duplicando as cifras de calquera outro concurso, as bodegas da D.O. Valdeorras respaldan o traballo metódico e riguroso de promoción que veñen desenvolvendo os Sumilleres de Gallaecia dende hai 19 anos cos viños de calidade de as adegas de Valdeorras”, explican dende a Asociación de Sumilleres Gallaecia.

O panel de cata valoraba 114 viños./ Foto: Asociación de Sumilleres Gallaecia.
O panel de cata valoraba 114 viños./ Foto: Asociación de Sumilleres Gallaecia.

Do total de viños presentados 59 son da variedade godello e 55 tintos elaborados con mencía, sousón, brancellao, merenzao garnacha tintureira (centenarias). Esa foi a materia prima “para lograr o amplo mostrario de viños secos, escumosos, tostados, con e sen raspón, con crianzas, con lías, neve carbónica, crioconxelación, aceiro inoxidable, robles de todas as orixes, ovos de formigón, lagares abertos, etc.”, matizan dende Gallaecia.

Os sumilleres resaltaban a “rotundidade dos viños brancos, con narices nas que a partir deste momento empezan a estar pletóricas, cheas de aromas de foitas brancas e elegantes herbais e con poderosas bocas, untuosas pero cunha axeitada frescura. Os tintos aromáticos, diferentes entre eles aos doutras rexións, con bocas redondas, sen aristas, en sazón. Un auténtico disfrute para os 25 catadores que participación nesta cata histórica”.

Artigos relacionados

Back to top button