DeportesÚltima hora

Récord de participación e gran nivel no III Torneo Futsal Feminino “Val de Quiroga”

O FSF Quiroga, organizador e anfitrión do torneo, conseguía o cuarto posto
Participantes no III Torneo Futsal Val de Quiroga.

Un total de 12 equipos das catro provincias galegas, participaban na pasada fin de semana no III torneo de fútbol sala feminino “Val de Quiroga”, marcándose un novo rércord segundo informan dende a organización. Dende os anfitrións, o FSF Quiroga, ou FSF Villa de Cee, pasando por Os Botellíns, Enchoupadas, Toca e Vaite, Berghantiñanas, Balaídos FS, Contracoxas, Superbebientes, Chancletas 1906, Rábade Futsal e Oporto de Indias, ao longo das dúas xornadas, xogaron no pavillón deportivo municipal.

O sábado xogouse a fase de grupos (4) con tres equipos cada un. Os primeiros de cada grupo clasificáronse directamente para cuartos de final e os segundos e terceiros xogaron unha eliminatoria previa de clasificación para cuartos. O domingo xogouse xa a fase final (cuartos, semis e final) así como un concurso de puntería, que tiña como premio un balón asinado por xogadores da LNFS e unha camiseta de Vane Sotelo (xogadora do AD Alcorcón e pichichi de primeira división). Tamén se sortearon camisetas de equipos da LNFS.

Con respecto aos resultados, o equipo campión foi Superbebientes que vencían na final a Chancletas 1906 (subcampión) por 4 goles a 2. O terceiro posto foi para FSF Villa de Cee e o cuarto para as locais do FSF Quiroga. A xogadora “crack” foi Judiht Pedreira do Superbebientes e a mellor porteira Lía Agra do mesmo equipo. As campionas do concurso de puntería foron Jessica Ferreiro do Rábade Futsal e Ana Belén Blanco do FSF Quiroga.

Dende a organización destacan “o compañeirismo e bo ambiente entre todos os equipos e a igualdade e competitividade en todos os partidos, que foron bastante reñidos”, así como a participación de xogadoras de primeira división como Judith Pedreira e Antía Pérez, esta última tamén internacional coa selección española.

Artigos relacionados

Back to top button