DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Récord de participación no Torneo de Bolos por Parellas de Punxeiro

34 parellas do noroeste peninsular déronse cita no campionato das terras de Viana do Bolo

A máis numerosa. A celebrada na xornada do 19 de agosto foi sen dúbida a edición con máis participantes do Torneo de Bolos por Parellas de Punxeiro (Viana do Bolo). En total foron 34 as parellas que, ao longo do día, competiron nos tres campos cos que o Club de Bolo Punxeiro, organizador do evento, conta no pobo: doce no 1º campo, doce no 2º e dez (5 de homes e 5 de mulleres) no 3º.

Alí reuníronse boleadores do noroeste peninsular: de Punxeiro, Quintela de Edroso, Froxais, O Bolo, Nigrán e Baiona (Pontevedra), Quiroga e Xove (Lugo), Boiro (A Coruña), León e Cangas del Narcea (Asturias),… Xogadores entre os que había verdadeiros profesionais como Blanca Lago Misa, presidenta do Club de Bolos Estivada de Baiona e campiona de España de Bolos Celtas en catro ocasións, que participaba por primeira vez no campionato de Punxeiro “e penso volver”, dixo, asegurando que lle gustara moito a experiencia aínda que o xogo e moi distinto ao que ela practica.

En Punxeiro, a xente que se reúne cada ano no torneo formn como unha gran familia (con xantar incluído) con xogadores que repiten ano tras ano aínda que nesta ocasión houbo xente nova. Entre ela, a propia Blanca e tres parellas do Xogo de Bolos A Rega de Sabaris (Baiona).

Coon respecto á competición, nesta ocasión, ademais das masculinas, tamén houbo unha feminina e outra xuvenil. Dado o elvado número de participantes a proba comezaba ás dez da mañá e íase resolvendo por eliminatorias. Finalmente no primeiro campo a gañadora era a parella formada por Javi e Luis do C.B. Xove; no segundo campo gañaron Vicente e Alberto do C.B. Vigo; e no terceiro campo, os gañadores foron Ángel e Manolo do C.B. Punxeiro. Con respecto ao campionato feminino a parella gañadora foi a formada por Blanca e Eliana do C.B. Punxeiro e Vigo. E no xuvenil o primeiro posto foi para Víctor do C.B. Punxeiro que facía 55 bolos.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.
Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button