ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Récord de participación no VI Barathón de Trives

Preto dun cento de persoas completaron a ruta que tiña lugar na tarde-noite do Venres Santo

Con algo de retraso sobre o horario previsto pola organización ás 17:15h. dábase o pistoletazo de saída do VI Barathón de Trives con récord de inscricións. Máis dunha trintena de grupos diversos arrancaron este famoso evento lúdico-deportivo no cal tiñan 5 horas para tentar completar unha consumición en cada un dos 15 locais hostaleiros participantes nesta edición (faltou un bar sobre os 16 previstos xa que estaba pechado por reformas).

O grupo máis chamativo estaba formado por 4 persoas preparadas para a ocasión con dorsais propios e un atuendo que chamaba a atención de todos os triveses. Prometeron para a vindeira edición elaborar os dorsais para todos os participantes.

Xente de moi diversa procedencia acudíu ao Barathón. Á parte dos grupos que repetían participación das edicións anteriores: 10 grupos de Trives, 2 de Manzaneda, 1 de Chandrexa de Queixa, 3 de San Xoán de Río, 2 de Castro Caldelas e 5 de Ourense, nesta VI edición apareceron varios grupos novos: un de xente da Cañiza, outro de xente de Ribadavia, un grupo de Maceda, un de Quiroga, outro de Vilalba, un da Gudiña e outro dende La Puebla de Sanabria.

Ademáis hai que contar coa emigración de toda a comarca que volta a casa en Semana Santa de todos os puntos da península. Á parte de toda a xente de Madrid, Barcelona, Bilbao, Andalucía, etc, que aproveita as vacacións para vir a pasar a Semana Santa a súa casa e de paso participar no Barathón, deste ano viñeron varias persoas francesas e unha de Suecia con familia aquí, expresamente para participar no Barathón.

Pasaban as horas e varios dos grupos optaban por retirarse ao non dar seguido o ritmo. Debido ás procesións de Semana Santa o remate modificouse de lugar sendo na rúa San Martín. Polo retraso ao comezo do Barathón a organización deu 15 minutos extra para que todo o mundo puidese facer un sprint final e completar a proba.

Ás 22:15h. no San Martín máis de 90 persoas tiñan completo o seu diploma para participar no sorteo. Trala verificación por parte da organización e devolución dos diplomas aos seus donos, xa que a maioría da xente quere enmarcalo, comezou o sorteo, onde os premios foron moi repartidos:

Premio Vigo-Madrid – Esther Dominguez
Premio San Martín – Nieves San Xurxo
Premio Quintela – Juan Patxito
Premio Cantina – Xeila
Premio Sky – Mónica
Premio O Cafeto – Fumón San Xurxo
Premio O Paíño – María de Suecia
Premio Bodegón – Empalmes
Premio Panadería O Campo – Jacobo
Premio Ardora Trives – Fer
Premio Méndez – Jairo
Premio Manolos – Pájaro
Premio Casanova – Peixe
Premio Troula – Diego Pali
Premio Boliche – Ernesto Madrid

Tralo remate do sorteo a festa continuou ata altas horas da madrugada no Pub Candello e Pub Curvi onde todos os participantes desfrutaron de descontos nas consumicións.

Dende a organización do Barathón queremos dar as gracias a todos os locais hostaleiros colaboradores, a todo o mundo que participou na proba, ao xornal O Sil pola difusión deste evento e sobre todo a toda esa xente que botou unha man o día do Barathón axudando tanto á organización coma aos participantes.

E ollo, atentos, xa que o VII Barathón de Trives pode ser unha edición especial solidaria e celebrarse este verán. Proximamente darase mais información.

Texto: Xosé Miguel Pérez Blecua.
Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button