DeportesÚltima hora

Récord do mundo absoluto de tiro con arco, no Barco

O belga Michael Cauwe lograba 149 dos 150 puntos en arco composto, na IX Tirada ArcoBarco
O belga Michael Cauwe bateu o récord do mundo en arco composto, no Barco.
O belga Michael Cauwe bateu o récord do mundo en arco composto, no Barco.

Na tarde do 25 de outubro, O Barco de Valdeorras lograba un fito deportivo. Un dos 90 participantes na Tirada de ArcoBarco Sala, organizada polo club de tiro con arco barquense, o tirador profesional Michael Cauwe, lograba o récord do mundo absoluto na modalidade de arco composto. Na semifinal, Cauwe eliminaba ao seis veces campión de España Alberto Blázquez, por 1 punto. Así o tirador belga lograba 149 dos 150 puntos “unha tirada case perfecta” explicaba emocionado o presidente do club ArcoBarco, José Manuel Fernández, engadindo que “é un orgullo para o club e para todo Valdeorras”.

MIchael Cauwe con Alberto Blázquez ao que eliminaba na semifinal e o presidente do club ArcoBarco José Manuel Fernández.
MIchael Cauwe con Alberto Blázquez ao que eliminaba na semifinal e o presidente do club ArcoBarco, José Manuel Fernández.
A tirada de Cauwe w Blázquez foi tan axustada que o xuíz tivo que comprobala cun compás.
A tirada de Cauwe e Blázquez foi tan axustada que o xuíz tivo que comprobala cun compás.
Participantes na IX Tirada ArcoBarco Sala.
Participantes na IX Tirada ArcoBarco Sala.
O alcalde do Barco e o concelleiro de Deportes cos tiradores e membros do club antes da entrega de premios.
O alcalde do Barco e o concelleiro de Deportes cos arqueiros e membros do club antes da entrega de premios.

Fotos: Carlos G. Hervella.
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button