DeportesÚltima hora

Récord galego de natación para o Pabellón Ourense

O CNPO conseguía asemade, 14 medallas no Trofeo Cidade da Coruña
Martín Sabuz, Marc Ciurana, Paula Blanco e Laura Pimentel. /Foto: CNPO.
Martín Sabuz, Marc Ciurana, Paula Blanco e Laura Pimentel. /Foto: CNPO.

A natación ourensá estivo ben representada un ano máis no Trofeo Cidade da Coruña, que se celebraba na xornada do 29 de novembro na piscina de Bastiagueiro Inef, coa participación de nadadores de 20 clubs de toda Galicia e Asturias.

O Club Natación Pabellón Ourense contou coa presenza de 24 nadadores que conseguían 14 medallas e o récord galego na disciplina de 4×100 estilos mixto por parte de Paula Blanco, Martín Sabuz, Marc Ciurana e Laura Pimentel.

Con respecto ás medallas, o ouro foi para Paula Blanco na proba de 50 costas. As pratas, un total de 6, repartíronse entre Laura Pimentel en 200 libres; Alberto Taboada en 50 costas e 100 braza; Marc Ciurana en 200 libres; Esther Álvarez en 50 libres; e relevo 4×100 estilos mixto.

En canto aos bronces, o CNPO lograba 7: Laura Pimentel en 200 estilos e 100 bolboreta; Alberto Taboada en 200 estilos; Marc Ciurana en 200 braza; Esther Álvarez en 100 costas; Ana Karina en 200 braza; e Martin Sabuz en 50 braza.

Artigos relacionados

Back to top button