DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Récord galego e 1 ouro para a ourensá Eva Espinosa no campionato galego de salvamento e socorrismo

O campionato alevín, infantil e cadete celebrouse na piscina de Carballo (A Coruña)

Once equipos de toda Galicia participaron no campionato galego de salvamento e socorrismo nas categorías alevín, infantil e cadete, celebrado na piscina municipal de Carballo (A Coruña).

A representación ourensá correu por conta do club Salvour, único equipo da provincia en competición neste deporte, que desprazou a cinco deportistas. Nesta ocasión e tal como adiantan dende o equipo, destaca a actuación da cadete Eva Espinosa que se proclamou campiona galega  na proba de 100 metros combinados de salvamento, logrando asemade unha medalla de bronce nos 50 metros arrastre con maniquí, e o quinto posto nos 200 metros obstáculos e os 200 metros supersocorrista.

Ademais, a deportista ourensá batía o récord galego cadete “na proba na que se levou  a medalla de ouro, demostrando o seu excelente estado de forma”, din dende Salvour. O relevo  formado por Hugo Estévez Crespo, Roi Naranjo Estévez, Ignacio Delgado Zamora e Samuel Iglesias Méndez lograban o quinto posto.

Artigos relacionados

Back to top button