CulturaCulturaÚltima hora

Recordando imaxes e sons do “Entrudio” vianés nas décadas dos 80 e 90, na rede

 

Entre as emisións que se farán entre Entroido na canle de Youtube “Entrudio Viana do Bolo” figurará unha escolma de sons e imaxes desta celebración recollidas entre os anos 80 e 90. “Afortunadamente, dende a asociación Robreda, demos xuntado parte desa memoria colectiva. Imaxes e sons que amosan que a nosa tradición vai cambiando, pero que tamén debe estar sempre vixiante para que non se perdan a esencia e o respecto”, segundo indica esta entidade.

Do 11 ó 16 de febreiro deste 2021 botararase man desas lembranzas, máis que nunca, “para que o Entrudio non deixe de formar parte das nosas vidas”, din.

Artigos relacionados

Back to top button