CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Recreación da malla tradicional en Viana

A X edición da Noite das Ferreñas, incluía unha mostra da sega e da malla tradicional

A primeira hora da mañá do sábado 23 de agosto, un grupo de veciños e Punxeiro e Quintela de Pando, no concello de Viana do Bolo, poñíanse en marcha para comezar os labores de sega do pan. Esa era a primeira das actividades incluídas este ano no programa da Noite das Ferreñas que remataba coa actuación das pandereteiras na praza Maior.

Despois da sega, con xantar incluído na leira, xa pola tarde os veciños desprazábanse ata o centro de Viana para comezar a recreación da malla tradicional, feita a man a base de golpear o pan cos mallos contra o chan da praza.

Así, co son dos mallos e das cantareiras chegadas dende diferentes puntos da provincia de Ourense, os veciños e visitantes de Viana disfrutaron dunha tarde na que a etnografía rural galega estivo máis viva que nunca.

Máis informacion na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.
Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close