DeportesFútbolÚltima hora

Recta final do campus de fútbol do Atlético de Madrid en Viana do Bolo

Publicidade

 

O Campus do Atlético de Madrid finaliza este sábado en Viana do Bolo, onde uns 50 cativos de entre 5 e 16 anos da comarca puideron gozar unha semana de fútbol, diversión e formación da man de adestradores procedentes da Academia do Atlético de Madrid.

O evento, que daba o pistoletazo de saída na mañá do luns, finalizará mañá 9 de xullo no campo de fútbol de As Carrelas, onde participaron ao longo da semana en horario de 9:30 a 14h. en sesións de adestramento e competición adaptadas a cada grupo de idade, sempre dirixidas por adestradores profesionais encargados de aplicar a metodoloxía e valores do club branquivermello.

 

 

Onte os participantes cambiaron o terreo de xogo pola praia fluvial de Vilariño de Conso, onde gozaron dunha mañá refrescante de xogos e diversión na contorna natural, e xa mañá terá lugar o peche do campus, cunha xornada de competicións individuais e grupais que poñerán a proba as capacidades e coñecementos adquiridos durante a semana. A entrega de diplomas e valoracións técnicas poñerá o broche final a esta semana de fútbol, formación e diversión.

O Campus do Atlético de Madrid chegaba a Viana do Bolo despois de dar o pistoletazo de saída ao verán en Santiago de Compostela, onde a edición deste ano contou con máis dun centenar de nenos e nenas. Sanxenxo e Ribadeo serán as próximas paradas.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button