CulturaCulturaÚltima hora

Recupérase a Romaría Raigame en Vilanova dos Infantes (Celanova)

No marco o seu 20 aniversario propón visitas teatralizadas e unha mostra de fotografía, entre outras propostas

 

Regresa a Romaría Raigame o vindeiro 17 de maio a Vilanova dos Infantes (Celanova) cunha serie de propostas para conmemorar o Día das Letras Galegas e para lembrar os seus vinte anos de traxectoria, unha data pensada para deseñar unha celebración “especial que axudase a reafirmar un compromiso colectivo co futuro desta romaría tan singular, que no curto prazo de dúas décadas tense vindo consolidando como unha referencia en toda Galicia de como celebrarmos o noso Día das Letras”, din os seus promtores.

Sen embargo, as circunstancias “sobradamente coñecidas, obrigáronnos a facer unha paradiña xa na edición do ano pasado, pensando que aquilo ía ser unha pequeniña pedra no camiño que poderiamos salvar sen dificultades para o ano seguinte. Pero o “becho” acabou sendo moito máis resistente do que pensabamos e velaí aquí estamos por segundo ano consecutivo tendo que nos reinventar para que a Romaría non caia no esquecemento e tanto a veciñanza de Vilanova dos Infantes, como o Concello de Celanova, a Deputación provincial e todas aquelas persoas que ó longo de todos estes anos se teñen vido sumando ao colectivo de seareiros de Raigame, fagamos votos colectivos para podela continuar”, asegura a organización.

Nese senso, veñen de presentar un programa no que unha exposición fotográfica cobrará o principal protagonismo para que durante o resto do mes de maio se poida acudir a Vilanova e gozar dun paseo pola vila, facendo fotos para que o ano 2022 Raigame volva alumear, con máis forza.

 

 

PROGRAMA – RAIGAME 2021

17 de maio de 2021

12.00:· Visita teatralizada pola vila a cargo do Colectivo “Platea Lúa” (repetirase o sábado 22 ás 19.30).

13.00: · Entrega do premio honorífico “Adolfo Enríquez” á Banda de Vilanova polo 160 aniversario.
· Inauguración da exposición fotográfica “Raigame. Estampas dunha romaría”, con motivo dos 20 anos da primeira edición (permanecerá en Vilanova durante todo o mes de maio).

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button