EconomíaEconomíaÚltima hora

A Rede Estatal do Castiñeiro demanda “medidas inmediatas ao MAPAMA” ante a ameaza da avespiña

Reiteran as autorizacións para o uso no 2018 do axente de control biolóxico do Torymus sinensis, parasitoide específico capaz de controlar a praga
Os presidentes da IXP Castaña de Galicia, Jesús Quintás e de Proagrosilva, Francisco Barredo, na reunión da Rede Nacional do Castiñeiro celebrada en Madrid.

A avespiña do castiñeiro afecta intensamente á maioría das zonas produtoras de castaña, converténdose na”praga máis periosa xamais coñecida para esta especie, con efectos impredecibles na perda de biodiversidade”, aseguran dende a Rede Estatal do Castiñeio. Unha afirmación que motivou a reunión celebrada onte en Madrid deste órgano que agrupa aos representantes do sector da castañicultura das rexións produtoras de castaña máis importantes de España (entre eles o valdeorrés Francisco Barredo, prsidente de Proagrosilva e Jesús Quintás, presidente da IXP Castaña de Galicia), cos órganos directivos responsables do Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente.

Os datos que barallan, apuntan a unha extensión “rápida, intensa e xeralizada da praga polas zonas produtoras de castaña de España, que salvo na comarca do Bierzo en Castela León, donde aínda non se detectou, e en Extremadura, extendéndose a unha velocidad extremada e inusitadamente rápida, sobre todo en Galicia e Andalucía”. De feito, as últimas deteccións confirman a “necesidad urxente” de acelerar o ritmo das autorizacións administrativas pertinentes para implementar medidas inmediatas e de amplitude suficiente que minimicen a súa rápida propagación e o control inmediato desta especie invasora, orixinaria de China, que leva presente en Europa dende 2002, e que chegou a España no 2012.

O bosque de castiñeiros é un dos hábitats declarado de interese comunitario dentro da directiva hábitat da Unión Europea, e a perda que supón a propagación da praga “pode dicirse que é das catástrofes ambientais e económicas ligadas ao medio natural máis importante dos últimos tempos”, aseguran dende a Rede Estatal do Castiñeiro que reiterou ao Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente “as autorizacións pertinentes que permitan para o ano 2018 o uso como axente de control biolóxico do Torymus sinensis, parasitoide específico capaz de controlar a praga, unha solución que se ten demostrado xa noutros países como Italia, Francia ou Portugal, como a única medida eficaz de frear a extensión e control da praga”.

A inmediata posta en marcha deste programa de loita biolóxica, si se realiza con celeridade “terá un custe moit menor que se se espera á extensión da súa propagación, reducindo igualmente a repercusión económica e os danos colaterais da súa extensión”. Durante a reunión celebrada en Madrid, as organizacións que compoñen a Red Estatal acordaron “continuar coa colaboración xa iniciada co Ministerio na medida da urxencia das actuacións que se propoñen, proporcionando o apoio técnico e de coñecmento que o sector foi acumulando nos últimos anos”. Asemade, solicitouse apoio para a realización dunha campaña divulgativa e informativa para o sector produtor sobre a praga. 

Artigos relacionados

Back to top button