CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Redegaita encetará a súa xira internacional na Bretaña francesa

Esta banda de gaitas actuará os días 16 e 17 de abril nos carnavais de Cholet (Francia)
Membros de Redegaita na viaxe realizada hai un ano a París./ Foto: Redegaita.
Membros de Redegaita na viaxe realizada hai un ano a París./ Foto: Redegaita.

O vindeiro 15 de abril comezará a xira internacional da banda de gaitas Redegaita, que dirixe Jhonathan Ferreira. A súa primeira actuación será nos carnavais de Cholet (Francia). Nesta localidade, situada na Bretaña francesa, a formación actuará os días 16 e 17 deste mes cunha representación de 38 músicos das escolas de Verea (Ourense), Lobeira (Ourense), As Portelas (Lubián, Zamora) e Aveiro (Portugal).

Non é a primeira vez que esta agrupación musical pisa terras galas, xa que hai un ano actuaba tamén na Festa das Lilas en París. A xira internacional que realizarán neste ano inclúe asemade, segundo adianta Redegaita, actuacións no mes de xullo en Mazamet (Francia) e en agosto en Strakonice (República Checa) no 22º Dudacky Festival, un certame internacional de gran prestixio no mundo da gaita onde actúan grupos de todo el mundo e no que xa ten actuado en varias ocasiones a Real Banda de Gaitas.

Artigos relacionados

Back to top button