CulturaCulturaMúsica

Redegaita, grupo principal no 22 Dudacky Festival de Strakonice (República Checa)

A banda de gaitas ourensá remata a xira internacional con actuacións en Francia e Suíza
Redegaita en París.
Redegaita en París.

No mes de abril actuou en Cholet (Francia), en xullo en Mazamet (Francia) e a finais de agosto será o grupo principal do 22 Dudacky Festival de Strakonice (República Checa) actuando asemade en Suíza. A banda de gaitas ourensá Redegaita finaliza así a súa xira internacional.

Entre os días 25 e 28 de agosto actuará no marco da programación do Dudacky Festival con dous desfiles e tres concretos. Nesta ocasión, tal como explican dende a banda, o grupo está formado por 40 músicos con idades comprendidas entre os 16 e os 50 anos pertencentes ás escolas do Concello de Verea de Ourense e As Portelas de Lubián (Zamora), ámabalas dúas dirixidas por Jhonathan Ferreira. O festival está organizado polo CIOFF (Comité internacional de Folclore) e reúne bandas de gaitas e gaiteros solistas de todo o mundo. “É bienal e nacía hai 44 anos da man de Josef Rezny, e calculan que este ano superarán os 20.000 visitantes”, puntualiza Jhonathan Ferreira.

Na viaxe colaboran os Concellos de Verea e Lubián, así como a Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia, e, xa de regreso, o luns 29 de agosto teñen programado un concerto no Centro galego Ssuízo “As Xeitosiñas” de Zurich.

Desfiile da banda de gaitas Redegaita.
Desfiile da banda de gaitas Redegaita.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button