A RúaConcellosO BarcoÚltima hora

Redúcense a 2 os positivos por Covid en centros educativos do Barco

 

Seguen á baixa os casos por coronavirus nos centros educativos do concello do Barco. Así, segundo os datos comunicados pola Xunta neste sábado 14 de novembro, tan só se rexistran dous casos activos: 1 na Escola Infantil Los Juglares (que ata onte tiña 2 positivos) e 1 no CEIP Otero Pedrayo de Viloira.

Tamén se mantén con 2 positivos o IES Cosme López da Rúa.

Ademais, na veciña comarca de Quiroga, o CEIP San Clodio (Ribas de Sil) ten 1 positivo e o IES de Quiroga outro.

Artigos relacionados

Back to top button