ConcellosO BarcoÚltima hora

Redúcense a 25 os casos activos de Covid no Barco, 6 menos que onte

Vista do Barco./ Foto: A.R.

 

Continúa a tendencia á baixa nos casos activos de coronavirus no concello do Barco, que se sitúa, unha xornada máis, en nivel de alerta 0 (verde, o que supón menos de 7 novos casos activos confirmados por probas PCR nos últimos 7 días) no mapa epidemiolóxico que elabora e actualiza a diario a Consellería de Sanidade.

Así, segundo os datos comunicados hoxe polo Sergas ao Concello do Barco, este municipio rexistra un total de 25 casos activos de Covid-19, o que supón 6 menos que os noficificados no día de onte.

Artigos relacionados

Back to top button