En portadaÚltima hora

Redúcense a 4 os pacientes con coronavirus ingresados no Hospital de Valdeorras

Dos 462 casos activos hoxe na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 400 permanecen a seguemento a domicilio, 59 están ingresados en planta e 3 en UCI, segundo Sanidade

Hospital de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Un día máis, continúa o descenso no número de pacientes con COVID-19 ingresados no Hospital de Valdeorras, segundo a última actualización de datos da Consellería de Sanidade. Hoxe son 4 os hospitalizados no centro barquense, un menos que onte, mentres que no Hospital de Verín tan só hai un paciente ingresado con coronavirus (un menos que onte).

No Hospital Universitario de Ourense son 54 os pacientes en planta e 3 en UCI (estes últimos con prognóstico grave).

Dos 462 casos activos hoxe na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 400 permanecen a seguemento a domicilio, 59 están ingresados en planta e 3 en UCI, segundo a Consellería de Sanidade.

O total de casos rexistrados na provincia ascende a 1.869, con 1.287 curados e 120 falecementos (residencias e hospitais. Na provincia lévanse realizado 16.616 PCRs.

PCRs

Artigos relacionados

Back to top button
Close