En portadaÚltima hora

Reducións no IRPF para gandeiros e agricultores afectados pola seca e as xeadas

Así se recolle nunha orde do Ministerio de Facenda que vén de publicarse no BOE a primeiros de abril

 

Explotación gandeira en Viana do Bolo no pasado verán./ Foto: Zona Cero da Seca.

O Ministerio de Facenda e Función Pública vén de publicar no BOE do 2 de abril unha orde pola que se reducen, “para o período impositivo 2017, os Índices de rendemento neto aplicables no método de estimación obxectiva do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) para as actividades agrícolas e gandeiras afectadas por diversas circunstancias excepcionais”.

Circuntancias como as xeadas, a seca ou os incendios que afectaban á provincia de Ourense, e de xeito especial á montaña do oriente ourensán, no pasado ano. Ademais a orde inclúe un anexo no que se detallan as zonas xeográficas concretas ás que se refire esa redución.

No que respecta á provincia de Ourense a redución establecida no Índice de Rendemento neto será de 0,13 na actividade de forraxes, de 0,18 na castaña, de 0,22 na unva para viño con Denominación de Orixe e de 0,18 na uva para viño sen D.O. nos termos municipais de: Viana do Bolo, A Gudiña, Manzaneda, A Mezquita, Monterrei, A Pobra de Trives, Riós, A Veiga, Verín, Vilariño de Conso, Vilardevós, Castrelo do Val e Castro Caldelas.

Esa mesma redución figura para a actividade de castaña (0,18) e uva para viño con D.O. (0,22) e sen D.O. (0,18) nos termos municipais de Arnoia, O Barco de Valdeorras, Beade, Boborás, O Bolo, Carballeda de Avia, Carballeda de Valdeorras, O Carballiño, Castrelo de Miño, Cenlle, Larouco, Leiro, Melón, Oímbra, Parada de Sil, Petín, Ribadavia, A Rúa, Rubiá, San Amaro, A Teixeira e Vilamartín de Valdeorras.

Finalmente, tamén se inclúe esta rebaixa na actividade de forraxes (0,13) nos municipios de Chandrexa de Queixa, Cualedro, Laza, Montederramo e San Xoán de Río.

Ademais establécense outra serie de reducións no Índice de Rendemento neto con carácter nacional.

Artigos relacionados

Back to top button