OurenseÚltima hora

Reforma das instalacións da Aula Cemit de Castrelo de Miño e do parque infantil de Paradela

O delegado territorial comprobou hoxe, xunto co alcalde, as melloras levadas a cabo no municipio o ano pasado ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público cofinanciadas coa Deputación de Ourense

 

Esta mañá o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, acompañado do alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos, visitaba as instalacións da Aula Cemit e o parque infantil no lugar de Paradela, no que a Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo investiu máis de 36.000 euros, nunha actuación cofinanciada coa Deputación Provincial de Ourense.

Trátase dunha edificación anteriormente dedicada a Consultorio Médico e Casa do Médico que foi reformada hai uns anos, pasando a coñecerse como Castrelo.Info, para destinala a varios usos: aula Cemit, ludoteca, biblioteca e, na actualidade, tamén Casa do Maior, nos diferentes espazos que articula.

Na parte posterior da edificación agora reformada existe un pequeno resío e una edificación pequena que na actualidade carece de uso salvo porque na mesma se atopa a caldeira e depósito de gasoil da calefacción do Castrelo.Info.

No ano 2012 comezouse a rexeneración desta parcela cun carácter sociocultural coa reforma da antiga casa do médico que pasou a converterse no Castrelo.Info. Non obstante quedou fora da intervención o resío da parte posterior así como a pequena construción que alberga a caldeira, que quedaron como un elemento residual sen uso e nun estado cada vez mais próximo á ruína, co consecuente risco para os viandantes.

A reforma consistiu na rehabilitación integral da construción, ampliándoa en todo o fondo da parcela existente, e recollendo basicamente tres espazos: espazo para instalacións, aseo accesible, e sala multiusos.

Parque infantil

Ademais buscouse a integración desta construción co Castrelo.Info mediante a mellora do espazo entre ambas construcións, intervindo na urbanización para a conexión entre ambas edificacións de xeito adecuado e incorporando un pequeno parque infantil, o que crea neste espazo intermedio outro espazo de esparexemento ao aire libre e de descanso ou goce do espazo aberto para aqueles que asistan ás actividades previstas en ambos edificios, a modo de pequena praza pública, permitindo a humanización e integración de toda a parcela como un espazo aberto á veciñanza, ademais de mellorar a accesibilidade.

Artigos relacionados

Back to top button