DeportesÚltima hora

Regata provincial de piragüismo na Rúa

O Club Fluvial O Barco, líder da clasificación xeral por clubs no campionato ourensán
Deportistas nunha das probas do campionato provincial.
Deportistas nunha das probas do campionato provincial.

O sábado 1 de agosto celebrábase no encoro de San Martiño na Rúa, o campionato provincial de piragüismo 2015, ao que asistiron 171 deportistas (117 homes e 54 mulleres) de tódolos clubs da provincia, posto que era puntuable para a Copa Deputación de Ourense. “Con esta regata dase continuidade a esta competición que se compón de 5 probas e que se está a desenvolver en distintos puntos da provincia entre os meses de xuño, xullo e agosto, cun percorrido de 1000 metros para benxamíns e alevíns, 2000 para infantís e 4000 para o resto de categorías, en embarcacións individuais” explican dende a delegación da Federación Galega de Piragüismo en Ourense.

Na regata da Rúa, o Fluvial O Barco fíxose co primeiro posto da clasificación xeral por clubs, seguido por Fluvial Avión, Fluvial Allariz, Escola Municipal Ourensá de Piragüismo e S. Cultural Fontefría (Muíños).

Con respecto aos resultados por categoría, houbo varios campións provinciais no Fluvial O Barco. Jesús Rodríguez gañaba en sénior home; Teresa Pomar en sénior muller; Adrián Prada en xuvenil home; Marta Paradelo en xuvenil muller; Luis Pomar en cadete home; Óliver Rodríguez en infantil A home; e Raúl Prada en benxamín home.

Artigos relacionados

Back to top button