Na vindeira fin de semana as augas do encoro de San Martiño acollerán a quinta regata provincial da tempada. Trátase da “Copa Deputación Concello da Rúa” organizada polo Federación Galega de Piragüismo, o Club Fluvial Barco e o Concello.
Esta competición está prevista para o día 7 de setembro e as primeiras probas iniciaranse ás 11h., momento no que se darán as saídas aos cadetes masculinos e femininos e ás xuvenís, sénior e veteranas.
Entre os participantes non faltará unha ampla representación do Club Fluvial Barco en diferentes categorías.