DeportesÚltima hora

Regresa o fútbol a Calabagueiros co derbi Barco-Arenteiro

O partido comezará ás 17h. do domingo 13 de xaneiro
Imaxe do derbi en Calabagueiros na anterior campaña. /Foto: Mónica G. Bellver.

Este domingo 13 de xaneiro, o fútbol regresa á competición despois do parón navideño e en Calabagueiros está xa todo preparado para o derbi provincial entre o C.D. Barco e o C.D. Arenteiro.

Non é a primeira vez que os dous equipos ourensáns se enfrontan na terceira división, pero si será a primeira desta tempada e farano con importantes cambios en ambos conxuntos con respecto ao ano pasado. O máis destacado son os adestradores. Manolo Peréz collía as rendas do Barco xa antes de empezar a pretempada, no verán do 2018, collendo o testigo de Javier Rey. E tamén no equipo do Carballiño houbo renovación de técnico, aínda que no seu caso foi avanzada xa a tempada cando Manel Vázquez deixaba o cargo, ocupando o seu posto Rogelio Gómez “Gelucho”. Con respecto ao plantel, varios ex xogadores do Centro de Deportes Barco compiten actualmente no equipo verdibranco. É o caso de Adil, Cassio, Carlos de Dios ou Mitogo.

O partido comezará ás 17h. e mentres que o Barco chega dende unha privilexiada terceira posición con 37 puntos, o Arenteiro faino dende a 13ª con 21 puntos.

Artigos relacionados

Back to top button