DeportesÚltima hora

Regresan as competicións de fútbol gaélico tralo parón navideño

Os equipos masculino e feminino do Auriense Campus da Auga FS enfrontaranse esta fin de semana aos de Irmandinhos da Estrada
O equipo feminino do Auriense FG durante un partido.

Despois das vacacións de Nadal, pouco a pouco van regresando as competicións deportivas. No caso da liga galega de fútbol gaélico, os equipos feminino e masculino do Auriense Campus da Auga desprázanse esta fin de semana ata A Estrada, onde teñen duros partidos contra equipos da parte alta da táboa. Ás 17:45 h. disputarase o Irmandinhas-Auriense (feminino) e de seguido, ás 18:45h. tocaralle o turno a Irmandinhos-Auriense (masculino).

Tal como explican dende o club ourensán, na categoría feminina promete ser un partido igualado entre ambos equipos, e no que as ourensás agardan sacar un resultado positivo, aínda que conten con numerosas baixas. Máis complicado será para o masculino, que xoga contra líder e actual campión de liga. “Un enfrontamento duro, con miras á vindeira xornada, onde o Auriense xogarase o pase á fase polo Título contra Keltoi de Vigo”.

Artigos relacionados

Back to top button