CulturaMúsicaÚltima hora

Reincidentes actuarán no Baranda o 3 de marzo

O Barco, Vigo e A Coruña, únicos concertos en Galicia da banda sevillana
Cartaz do concerto de Reincidentes no Baranda.
Cartaz do concerto de Reincidentes no Baranda.

Para celebrar o trinta aniversario como grupo de rock, a banda sevillana Reincidentes sacaba á venda un dobre disco, un de versións titulado “Canciones para no olvidar” e outro con temas novos titulado “Canciones para construir)” xunto a un DVD, que inclúe o documental “Reincidentes: Erre que erre”.

Son trinta anos de rock, “tempos de sufrir e ratos para disfrutar, risas, bágoas, velocidade e reflexión, plans, ilusións, todo a conciencia, coa cabeza ben alta”, aseguran dende a banda, que tres décadas despois e con máis motivación que nunca, deciden facerse unha homenaxe e compartila, cunha longa xira 2016 para presentar o seu novo traballo “Awkan. Haciendo hablar al silencio” que os achegará ata a Sala Baranda do Barco de Valdeorras o 3 de marzo, nun dos tres únicos concertos que darán en Galicia.

Mañá, 12 de febreiro, poranse á venda as entradas en Ton y Son por 12 euros. Tamén se poden adquirir en taquilla por 18 euros e online en ticketmaster.es

Artigos relacionados

Back to top button