CulturaCulturaÚltima hora

Reivindicando o Camiño de Inverno por Valdeorras, en bicicleta

Cunha marcha en bicicleta abríase na mañá do 12 de abril o calendario de actividades da Asociación Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras. Medio cento de persoas participaban na I Marcha solidaria en bicicleta entre A Rúa e O Barco de Valdeorras seguindo o trazado do Camiño de Inverno.

O carácter solidario da proba implicaba que no intre da inscrición, cada participante levase un quilo de comida (preferiblemente sopa, espaguetis, azucre moreno, aceite, tomate frito, faba branca ou galletas María) que logo lle serán entregados ao banco de alimentos de Cáritas Interparroquial con sede no Barco.

Nas imaxes os participantes na proba diante do Concello do Barco e os membros de Protección Civil da Rúa, unha das entidades que colaboraron na organización da proba.

Fotos: Carlos G. Hervella

Camiño de inverno ciclistas en O Barco 8125

PoteccionCivilRua8133

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button