CulturaCulturaÚltima hora

Relánzase o I Concurso de Fotografía sobre o Xeoparque Montañas do Courel

O Concello de Quiroga vén de abrir un novo prazo, que se prolongará ata o vindeiro día 3 de xullo

 

Dende o Concello de Quiroga vén de reabrirse o prazo para participar no I° Concurso de Fotografía sobre o Xeoparque Montañas do Courel. O novo prazo para concursar estará aberto ata o 3 de xullo.

Neste concurso poden participar todas as persoas interesadas cun máximo de tres fotografías, que se enviarán impresas en papel fotográfico nun formato mínimo de 23×36 cm, ao Concello de Quiroga co formulario de inscrición que se pode recoller na Casa de Cultura ou ben descargar no Facebook de Quiroga e da OMIX, aínda que tamén servirá enviar os datos do formulario nun folio.

A dirección á que se enviarán é:

I Concurso de Fotografía Xeoparque Montañas do CourelConcello de Quiroga
Rúa Real, 52
27320 Quiroga.

Ademais da fotografía en papel fotográfico adxuntarase un arquivo coas mesmas fotos e o mesmo título de cada unha en formato JPEG ou TIFF ao correo electrónico concello.quiroga@eidolocal.es.

“Entre todas as fotografías recibidas escolleranse as tres mellores que levarán un premio de 200 € a que se considera como gañadora, un premio de 100€ a segunda clasificada e 50€ para a terceira clasificada”, segundo informa o Concello de Quiroga.

Con todas as fotografías enviadas realizarase unha exposición o día 25 de xullo, día de Galicia.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button