O evento está organizado pola Asociación Galega de Linfedema e levarase a cabo na sala de docencia do Hospital Santa María Nai de Ourense
O Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) organiza mañá, 20 de outubro, un relatorio sobre Linfedema. Será na aula de docencia do Hospital Santa María Nai de Ourense ás 18:30 horas.
Tres serán as relatoras desta cita: María Jesús Álvarez Vázquez, medica rehabilitadora do Hospital Piñor de Ourense; Pilar García López, fisioterapeuta especializada en patoloxía vascular linfática e Manuela López de Vicuña Edreira, profesional de prendas ortoprotésicas. No papel de moderador estará Juan Manuel Lameiro Barreiro, presidente da Asociación Galega do Linfedema.