CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

As reliquias centran a conferencia de José D. Rúa Pérez, no Barco

A charla enmárcase na iniciativa para situar a Valdeorras no mapa xacobeo do Camiño de Inverno

Que son as reliquias, os tipos que hai, exemplos ao longo da historia das diferentes relixións e sobre todo as do Apóstol Santiago O Maior, sobre as que segue habendo debate. Ese o tema sobre o que xirou a conferencia impartida por José D. Rúa Pérez na tarde do 19 de novembro, no Barco.

Ademais de ter realizado o Camiño de Santiago en 26 ocasións dende diferentes lugares, José Rúa é o autor da Guía do Camiño de Inverno a Santiago, formando parte do ciclo de conferencias co que a Asociación de Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras quere poñer á comarca no mapa xacobeo do Camiño, nesta ocasión en colaboración co I.E.V. e o Concello do Barco que cede as instalacións.

A seguinte conferencia está prevista para o vindeiro sábado 26 de novembro ás 19:30 horas e correrá a cargo de Miguel Ángel Cajigal Vera, licenciado en Historia da Arte e investigador especializado na historia de Santiago (a cidade, o Camiño, a Categral e o seu cabildo). No salón multiusos do Barco falará sobre a “Historia do Camiño de Inverno: análise dun itinerario xacobeo”.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button