EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Remata a campaña de vendima na D.O. Valdeorras con máis de 5,5 millóns de quilos de uva recollidos

A godello segue sendo, segundo o Consello Regulador, a variedade raína da D.O. con 3´5 millóns de quilos

Vendima en Valdeorras. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Un mes e medio despois do inicio, a campaña da vendima 2020 conclúe oficialmente na D.O. Valdeorras cun total de 5.535.104 quilos de uva recollidos. Desta cifra, de novo a variedade godello segue a ser a raíña con 3.529.060 quilos colleitos. Tras ela, por orde de importancia sitúanse a mencía (1.286.289 quilos), a garnacha (334.576 quilos) e a variedade palomino (274.133 quilos), segundo os datos facilitados polo Consello Regulador.

Xa en menores cantidade e en sentido decrecente está a variedade sousón (56.363 quilos); a tempranillo (25.445 quilos); a albarello (12.926 quilos); a merenzao (9.594 quilos); dona branca (4.588 quilos); mouratón (3.480 quilos); caíño tinto (1.160 quilos) e gran negro (990 quilos).

Segundo destaca o presidente do Consello Regulador, José Luis García Pando, trátase dunha colleita “de elevadísima calidade, que agardamos teña unha gran acollida nos mercados”.

 

Artigos relacionados

Back to top button