ConcellosÚltima hora

Remata a construción da nova depuradora de Pontebarxas e do sendeiro do río Troncoso

O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil visitaba ambas actuacións na mañá do 30 de outubro
O presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, acompañado por outras autoridades, na nova EDAR.
O presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, acompañado por outras autoridades, na nova EDAR.

Pontebarxas (Padrenda) xa conta cunha nova depuradora. O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente vén de concluír os traballos de construción desta infraestrutura que, xunto co sendeiro peatonal que discurre paralelo ao río Troncoso ao seu paso polo núcleo de Pontebarxas, ten suposto un investimento total de máis de 700.000 euros.

Esta nova depuradora, executada pola CHMS, organismo autónomo dependente do Ministerio, ten permitido complementar as distintas intervencións realizadas no entorno do río Troncoso a través do proxecto de Calidade Ambiental das Reservas Naturais Fluviais Internacionais de Medio Acuático (CARISMA), cuxo obxectivo é poñer en valor os ríos transfronteirizos Troncoso e Laboreiro con accións que contribúan a conseguir que ambos cauces podan converterse nas primeiras Reservas Naturales Fluviais Internacionais da Unión Europea, entre España e Portugal.

Coa nova EDAR correxiranse as deficiencias detectadas na vella depuradora que daba servicio ao núcleo de Pontebarxas. Construida nos anos 60 para dar servizo a 150 habitantes, a EDAR non tiña xa capacidade suficiente para atender ás actuais demandas da zona. As novas instalacións, ás que se destinaron 450.000 euros, dispoñen de capacidade suficiente para tratar as augas de 600 habitantes.

Tamén o novo sendeiro peatonal do río Troncoso é unha obra enmarcada no proxecto europeo CARISMA e nel investíronse más de 240.000 euros por parte da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. Acondicionouse o entorno natural da marxe dereita do río, coa construción e a preparación de 2,2 km de sendeiro á beira da auga, dende Pontebarxas ata A Notaria.

O subdelegado do Goberno, o presidente da CHMS e o presidente da Deputación, percorrendo o novo sendeiro.
O subdelegado do Goberno, o presidente da CHMS e o presidente da Deputación, percorrendo o novo sendeiro.

Na mañá do 30 de outubro o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Francisco Marín, acompañado polo subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, polo presidente da Diputación Provincial, Manuel Baltar, e polo alcalde de Padrenda, Manuel Pérez, visitaban ambas actuacións coincidindo co remate das obras.

Artigos relacionados

Back to top button