ConcellosÚltima hora

Remata o acondicionamento do río Badella en Bande

A inversión nas obras supera os 430.000 euros, financiados integramente pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil

 

Un dos momentos da visita realizada a Bande.
Un dos momentos da visita realizada a Bande.

Na mañá do 4 de febreiro o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Francisco Marín, e o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, achegábanse ata Bande para comprobar in situ o remate das obras de acondicionamento do cauce e marxes do río Badella.

“O obxectivo conseguido con esta actuación é a recuperación ecolóxica e social do río Badella, conciliando os intereses socioeconómicos da zona coa conservación dos valores naturais asociados ao propio cauce”, segundo indicaba o subdelegado do Goberno na provincia.

A inversión realizada nesta actuación supera os 430.000 euros, financiados nun 80% a través de fondos europeos e o 20% restante ten sido sufragado polo propio Organismo de conca. Pola súa banda, o Concello de Bande encargouse de pór a disposición os terreos necesarios para a execución das obras.

“O proxecto xurde co obxecto de resolver o alto grao de degradación ambiental que presentaba o río Badella, potenciando a integración do río no núcleo urbano e permitiendo a convivencia de ambos para o disfrute de actividades de ocio no entorno fluvial”, concluiu Francisco Marín, presidente da CHMS.

Nesta visita, tamén estiveron acompañados polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e polo alcalde de Bande, José Antonio Armada, e pola deputada nacional Ana Belén Vázquez.

Artigos relacionados

Back to top button