CelanovaConcellosÚltima hora

Remata o campamento de agosto na Casa dos Poetas de Celanova

A actividade levaba por nome "O ambiente galego" e orientábase a coñecer a fauna e a flora de Galicia

Imaxe do campamento. / Foto: cedida.

 

Este venres, 28 de agosto, remata o segundo campamento de verán da Fundación Curros Enríquez de Celanova. A actividade comezou o pasado día 3 na Casa dos Poetas e estaba orientado a nenos de entre 4 e 12 anos, cun horario de 10:30h a 13:30h de luns a venres.

De nome “O ambiente galego” e impartido por Xurxemurxe Xestión Cultural, o campamento buscaba dar a coñecer aos cativos a fauna e a flora de Galicia, fomentando o respecto polo medio ambiente. Durante o seu transcurso, cumpríronse todas as medidas de seguridade derivadas da pandemia do coronavirus.

Artigos relacionados

Back to top button