CulturaEducaciónÚltima hora

Remata o campamento de verán “Coñece o teu Concello” de Sober

A actividade finalizou coa entrega de diplomas e cun xantar

 

Remata o Campamento de Verán “Coñece o teu Concello” de Sober. Os participantes tiveron o venres unha sesión de contacontos con Anxo Moure baixo o título de “Nubinete” e ao rematar aproveitaron para refrescarse nas piscinas municipais. O campamento finalizou coa entrega de diplomas por parte do alcalde, Luis Fernández Guitián, e unha comida todos xuntos.

 

 

 

Ao longo de todo o mes os participantes no campamento levaron a cabo numerosas actividades, así como difetentes saídas a lugares de interese do Concello, como a Rectoral de Anllo, a fábrica Pulviplass, un paseo polos Canón do Sil, visita aos miradoiros ou unha ruta en kayak, entre outros. Tamén participaron nunha xincana pola igualdade. Obradoiros, talleres e lecturas completan as actividades que levaron a cabo ao longo do mes de xullo.

 

Artigos relacionados

Back to top button